A cidadanía confirma o éxito dos Bonos Cultura do PRESCO
As persoas consumidoras destes bonos remataron os 355.000 euros de financiación máxima antes do prazo ampliado, o 31 de decembro de 2020 O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior,…
As persoas consumidoras destes bonos remataron os 355.000 euros de financiación máxima antes do prazo ampliado, o 31 de decembro de 2020 O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior,…
Os establecementos culturais poderán percibir ata 15.000 euros en axudas do Concello e os pequenos negocios ata 10.000 euros. O pequeno comercio local e os establecementos culturais da cidade contarán…
O gran éxito desta iniciativa conlevou a que o Goberno local ampliase 400 prazas ás ofertadas inicialmente, e programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o ano 2021 O…
Códigos CNAE autónomos
Considéranse micropemes aquelas que cumpran cando menos dous destes requisitos:
a) Que o total das partidas do activo non superen o millón de euros.
b) Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.
c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.
O Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña é a estratexia que o Concello da Coruña impulsa para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
Tras avaliar o funcionamento das diferentes liñas do programa PRESCO 2021 o goberno local considera necesario manter algunhas das medidas que mellor acollida tiveron por parte dos sectores máis afectados pola crise económica e establecer outras novas para complementar as axudas e medidas que están a poñer en marcha outras administracións.
Ten como obxectivo contribuír ao mantemento do tecido socioeconómico da cidade, facer fronte ás consecuencias sociais e económicas da pandemia coa maior axilidade posible, proporcionar recursos para o tecido social e económico coruñés, atender as persoas con máis dificultades sociais e fortalecer os sectores estratéxicos de cara á saída da crise.
“Coruña Tecnolóxica” son as medidas para a modernización tecnolóxica e a transición dixital do concello para garantir a eficacia e a seguridade na atención á cidadanía.
“Coruña Solidaria” é a resposta do concello dirixida á mellora da protección social con especial incidencia nos colectivos más vulnerables e na conciliación mediante axudas de emerxencia social a través de entidades sociais, programa de acompañamiento das personas maiores e axudas á conciliación a través do reforzo do programa Canguros. Conta con 600.000 euros de investimento.
“Coruña Inviste” é o programa de investimento en obra pública do concello para os próximos meses no que se investirán máis de 40 millóns de euros en obra pública. Será unha peza fundamental para reactivar a economía e crear emprego. Este plan de investimentos terá un relevante impacto sobre a economía da cidade.
Son as medidas do Concello para reactivar a economía da cidade mediante o apoio ao mantemento da actividade económica de persoas autónomas e microempresas, incentivos ao consumo nos sectores máis afectados, reforzo da industria cultural, programa de cualificación profesional, bolsa de locais comerciais en alugueiro e programa de axudas á inserción laboral. Está dotado con 5,6 millóns de euros de investimento.