BONOS PRESCO
Campaña de bonos de desconto para dinamizar o consumo nos sectores máis afectados pola crise: Bono Comercio, desconto de 10 euros por compras iguais ou superiores a 30 euros, Bono Hostalería, 40% de desconto desde 10 euros, Bono Salóns de Peiteado e Estética, 30% de desconto desde 20 euros, Bono Taxi, 30% de desconto desde 6 euros e Bono Cultura con descontos do 30% a partir dun gasto de 10 euros para fortalecer o consumo e a industria cultural. As axudas faranse efectivas a través do programa de bonos Presco, que poderán ser utilizados no comercio local da Coruña, polo sector é hostaleiro, sector do taxi e polo sector das barberías e outros tratamentos de beleza e polos establecementos do sector cultural radicados na cidade da Coruña e adheridos ao programa.
Ampliación da caducidade dos bonos
BONO COMERCIO
Esgotado!
BONO ESTÉTICA
Esgotado!
O prazo para a utilización dos Bonos Presco finalizou o 31 de decembro de 2021
PROGRAMA DE BONOS
BONO COMERCIO
COMERCIO DE PROXIMIDADE
Descontos de 10 euros por compras iguais ou superiores a 30 euros.
Esgotado!
BONO HOSTALERÍA
HOSTALERÍA
Descontos do 40% desde 10 euros de consumo, para incentivar o apoio á hostalería.
BONO CULTURA
BONO 30% CULTURA
BONO TAXI
MOBILIDADE
Descontos do 30% en viaxes superiores 6 euros.
BONO ESTÉTICA
BONO SALÓNS DE PEITEADO E CENTROS DE ESTÉTICA
Descontos do 30% desde 20 euros de consumo en salóns de peiteado e centros de estética.
Esgotado!
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN E APOIO AO COMERCIO E A HOSTALERÍA LOCAIS
Mellora do sistema de xestión dos bonos mediante accións como a creación de QR físicos para as persoas que non teñan acceso dixital, a creación da APP do usuario (ver comercios, ver saldo…) e a mellora no sistema de xestión dos comerciantes e das entidades colaboradoras.
Inclúe o incremento das accións promocionais e comunicativas para dar a coñecer os bonos e o seu funcionamento mediante unha campaña de adhesións e stands informativos por barrios, campaña de promoción e apoio ás entidades na comunicación e xestión.
BENEFICIARIOS
COMERCIANTES
Quen xestiona o programa de bonos?
Para a xestión dos bonos seleccionarase unha entidade colaboradora que se encargará da xestión de todo o programa de bonos e da distribución dos fondos. Ademais contarase coas entidades do sector (Federación Unión de Comercio Coruñesa (FUCC), da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería da Coruña, Asociación de Estilistas Coruñeses (ECIPA), Radio Taxi e Auto Taxi) para a difusión da iniciativa entre os seus asociados.
CONSUMIDORES
Quen pode descargarse os bonos?
Os usuarios e usuarias deste programa de bonos Presco serán todas aquelas persoas físicas maiores de idade que utilicen os servizos mencionados.
Cantos bonos poden descargarse?
Cada usuario poderá descargarse un bono de cada sector (5) e disporá do seguinte saldo:
- 30 euros (Bono Comercio)
- 15 euros (Bono Hostalaría)
- 60 euros (Bono Cultura)
- 20 euros (Bono Estética)
- 10 euros (Bono Taxi)
Os bonos caducan?
O 31 de decembro de 2021.