AXUDAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Convocatoria de axudas de creación artística de até 3.000 euros para artistas individuais empadroadas/os na Coruña, co obxectivo de contribuír aos gastos ocasionados pola produción de proxectos artísticos, e, como finalidade, promover a investigación, creación, desenvolvemento e difusión de contidos, produtos, programas, actividades e servizos culturais. Trátase con iso de facilitar a realización de obras artísticas nas súas diferentes disciplinas e manifestacións (plásticas, audiovisuais, escénicas), así como a súa edición e mobilidade.

Prazo das solicitudes finalizado

BENEFICIARIOS

As persoas maiores de idade empadroadas na Coruña desde polo menos fai 2 anos.

Modalidades das axudas

Proxectos realizados na cidade da Coruña e/ou relacionados coa cidade nas seguintes modalidades:

  • Artes plásticas: Pintura, escultura, debuxo, ilustración e banda deseñada e artesanía. Estilo, técnica, formato e temática libre.

  • Literatura: Narrativa e poesía. Requisitos mínimos de extensión: en narrativa e teatro 220.000 caracteres sen espazos, e, en poesía, 200 versos; Estilo e temática libre; Formato: PDF, Helvética ou Arial, tamaño de letra 14, entreliñado sinxelo, marxes 2,5 cm, páxinas numeradas, sen encabezado nin pé de páxina. Esta modalidade literaria abrangue tamén e expresamente a edición e distribución da creación.

  • Artes escénicas: Teatro e danza

  • Audiovisual: Curtametraxe, documental, creación dixital e vídeo, incluído o musical. Estilo, técnica e temática libre, duración máxima do vídeo 30’.

  • Fotografía. Estilo, técnica e temática libre.

  • Música. Estilo, técnica e temática libre.

  • Nas modalidades relacionadas poderán incluírse tamén traballos de investigación artística.

Só se poderá realizar unha solicitude por persoa para un único proxecto.

Criterios de valoración

A puntuación máxima alcanzable será de 40 puntos e os criterios de valoración serán os seguintes:

  • Calidade, creatividade e innovación do proxecto, ata 16 puntos.

  • Relación ou vinculación coa cidade da Coruña, a súa cultura, a súa historia, a súa identidade, os seus espazos públicos, a súa tradición, os seus fitos, os seus personaxes e/ou o seu medio natural e urbano, ata 8 puntos.

  • Creación artística previa, ata 5 puntos.

  • Claridade expositiva e proporcionalidade do orzamento acorde ao obxecto do proxecto, ata 4 puntos.

  • Plan de difusión do proxecto, ata 2 puntos.

  • Emprego do idioma galego, 5 puntos.

Documentación a presentar

A solicitude deberá incluír a seguinte documentación:

Administrativa (xenérica)

  • Formulario de solicitude.

  • Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante.

  • Declaración responsable do cumprimento do requisito de empadroamento na Coruña.

  • Declaración responsable das subvencións, axudas, ingresos e recursos solicitados e os que lle foron concedidos para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

  • Declaración responsable de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa beneficiaria.

  • Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social.

  • Compromiso de que figuren os logotipos do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente aos logotipos dos seus principais patrocinadores en calquera das actividades realizadas con relación co proxecto presentado.

  • Os demais contemplados na normativa reguladora.

Técnica (específica).

1) Proxecto, o máis detallado posible, para o que se solicita a axuda no que se poderán incluír, entre outros, os seguintes puntos:

  • Título do proxecto.

  • Descrición do proxecto e fundamentación do mesmo.

  • Cronograma de realización do proxecto.

  • Obxectivos do proxecto.

  • Destinatarios, indicando número e características.

  • Contexto social no que se desenvolve.

  • Colaboradores no proxecto.

  • Recursos humanos, materiais e económicos cos que se conta para a realización do proxecto.

  • Ferramentas de comunicación pública do proxecto.

  • Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se contemplan

  • Compromiso de utilización de linguaxe non sexista.

  • Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e a súa sustentabilidade.

2) Orzamento. Cadro de ingresos e gastos que detallará, da forma máis pormenorizada posible, os ingresos, excluído o importe da axuda solicitada, e os gastos do proxecto para o que se solicita a axuda

3)Memoria ou Currículum Vitae das actividades artísticas e culturais realizadas polo solicitante, no que veña detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural.

4) Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de produción de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc. achegarase tamén a carta de compromiso.

5) Outra documentación. A documentación poderá ser ampliada polos solicitantes achegando os documentos que consideren oportunos para a mellor valoración das súas solicitudes.