Axudas a autónomos e micropemes
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS EMPRESAS NO PRESCO
Que finalidade ten a convocatoria?
Promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hostaleiro e en xeral empresarial, así como apoiar o mantemento e a creación de emprego.
A quen se dirixen as subvencións?
Microempresas e persoas traballadoras autónomas que buscan manter a súa actividade económica coa axuda do pago de cotas de Seguridade Social, axudas para sufragar alugueiros de locais comerciais, de hostalería ou do sector servizos e axudas para o pago da cota empresarial polo persoal a cargo da empresa ou que teñen contratado persoal entre xaneiro e agosto de 2021.
Prazo de solicitudes finalizado
CRÉDITO ORZAMENTARIO
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Apoio e mantemento da actividade económica
Axudas de 2.000 euros para: A) Pago de cotas de Seguridade Social no réxime especial de persoas físicas autónomas. B) Pago da cota empresarial polo persoal a cargo da empresa. C) Pago de alugueiros de locais comerciais, de hostelería ou do sector servizos.Axudas á contratación laboral
Axudas de 2.500 euros para a contratación de persoas desempregadas efectuadas entre xaneiro e agosto de 2021 con contrato indefinido ou temporal cunha duración mínima dun ano.
BENEFICIARIOS
AUTÓNOMOS
Persoas físicas traballadoras autónomas dadas de alta no RETA ou en cualquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social o mutualidade de colexio profesional.
MICROEMPRESAS
As sociedades que teñan a condición de microempresas, que reúnan dous dos seguintes requisitos: que o total das partidas do activo non supere o millón de euros, que o importe neto da súa cifra anual de negocios no supere o millón de euros, que o número medio de traballadores empregados non sexa superior a dez.