A Xunta de Goberno aproba as bases das axudas do PRESCO 2021
Distribuiranse máis de 4 millóns en axudas directas para persoas autónomas e microempresas e preto dun millón de euros a través dos Bonos PRESCO O concelleiro de Economía, José Manuel…
Distribuiranse máis de 4 millóns en axudas directas para persoas autónomas e microempresas e preto dun millón de euros a través dos Bonos PRESCO O concelleiro de Economía, José Manuel…
Lage Tuñas defende a necesidade dun plan de rescate á hostalaría por parte da Xunta Na reunión estiveron presentes as e os responsables das principais asociacións dos sectores afectados e…
Autorizáronse axudas directas a autónomos e pequenas empresas por valor de 5,1 millóns de euros. O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, presentou hoxe o balance…
Códigos CNAE autónomos
Considéranse micropemes aquelas que cumpran cando menos dous destes requisitos:
a) Que o total das partidas do activo non superen o millón de euros.
b) Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.
c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.
O Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña é a estratexia que o Concello da Coruña impulsa para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
Tras avaliar o funcionamento das diferentes liñas do programa PRESCO 2021 o goberno local considera necesario manter algunhas das medidas que mellor acollida tiveron por parte dos sectores máis afectados pola crise económica e establecer outras novas para complementar as axudas e medidas que están a poñer en marcha outras administracións.
Ten como obxectivo contribuír ao mantemento do tecido socioeconómico da cidade, facer fronte ás consecuencias sociais e económicas da pandemia coa maior axilidade posible, proporcionar recursos para o tecido social e económico coruñés, atender as persoas con máis dificultades sociais e fortalecer os sectores estratéxicos de cara á saída da crise.
“Coruña Tecnolóxica” son as medidas para a modernización tecnolóxica e a transición dixital do concello para garantir a eficacia e a seguridade na atención á cidadanía.
“Coruña Solidaria” é a resposta do concello dirixida á mellora da protección social con especial incidencia nos colectivos más vulnerables e na conciliación mediante axudas de emerxencia social a través de entidades sociais, programa de acompañamiento das personas maiores e axudas á conciliación a través do reforzo do programa Canguros. Conta con 600.000 euros de investimento.
“Coruña Inviste” é o programa de investimento en obra pública do concello para os próximos meses no que se investirán máis de 40 millóns de euros en obra pública. Será unha peza fundamental para reactivar a economía e crear emprego. Este plan de investimentos terá un relevante impacto sobre a economía da cidade.
Son as medidas do Concello para reactivar a economía da cidade mediante o apoio ao mantemento da actividade económica de persoas autónomas e microempresas, incentivos ao consumo nos sectores máis afectados, reforzo da industria cultural, programa de cualificación profesional, bolsa de locais comerciais en alugueiro e programa de axudas á inserción laboral. Está dotado con 5,6 millóns de euros de investimento.